cabeceira
Riveira, 31 de Octubre de 2014
Copa Sálvora
Redes Sociais
Actualidade 2014
Edición 2007
Edición 2008
Edición 2009
Hemeroteca
Fotografías
Vídeos
Colaboradores
Cómo chegar
 
Edición 2007
 

Artes,Abanqueiro e Porto do Son levan a I Copa Sálvora CF nas súas distintas categorías.

Máis de 300 nenos de entre 6 e 13 anos e 24 equipos participaron no campionato organizado polo Sálvora CF e a R.e.I Cofradía da Dorna.

O Artes en benxamíns, o Abanqueiro en alevíns e o Porto do Son en infantís foron os gañadores das distintas categorías dá I Copa Sálvora cf de fútbol base, que se celebrou os días 2 e 3 de Xuño do 2007 no campo de A Fieiteira. Arredor de 300 nenos de entre seis e trece anos participaron no torneo, que rexistrou unha boa entrada nas dúas xornadas que durou o campionato, no que tomaron parte 24 equipos.

Na categoría infantil, o Porto do Son gañou o título tras derrotar na final ao Noia por 3 goles a 1.En alevíns, a copa foi parar as vitrinas do Abanqueiro, que se impuxo ao Puebla na final por 2-1. A categoría benxamín foi a máis igualada, cunha final que acabou en táboas a dous entre Aguiño e Artes. Os de Trumiáns leváronse o gato á auga nos lanzamentos dende o punto de penalti.

Na xornada do domingo celebráronse as finais e, ademais dos premios para o primeiro e segundo clasificado en cada categoría, houbo trofeos para o máximo realizador e para o porteiro menos goleado. O pichichi benxamín foi  Juan Vidal (Artes), en alevíns foi Rafael Picos (Puebla) e en infantís Iván Cambeiro (Porto do Son). Os Zamora foron Santiago Laíño (Aguiño) en benxamíns, Felipe Valeiras (Puebla) en alevíns e Manuel Ponte (Noia)  na categoría infantil.

Tras o éxito da primeira edición da Copa Sálvora CF “fútbol base”, a organización ten a intención de repetir a experiencia nos vindeiros anos, co obxetivo de facilitar aos clubes un campionato onde competir e fomentar o deporte entre os máis cativos, que poderán comezar a súa rodaxe como futbolistas.
 

 

Sálvora C.F.
Copa Fútbol Base 2011